Sobre min
Xabier Barreiro é un artista visual nado en Ourense no ano 1994. A súa conexión coa arte comeza na infancia, da man da súa nai Remedios, con quen compartía tardes de pintura no barrio do Couto.
Tras unha etapa centrada na música hardcore e punk, comeza a interesarse pola tatuaxe clásica con 16 anos. Co tempo, fórmase en fotografía, deseña carteis para concertos e recupera a paixón pola ilustración, cun forte peso da tatuaxe tradicional europea.
O seu camiño como tatuador arranca en Ourense e continúa en Vigo, antes de regresar á súa cidade natal para fundar o seu propio espazo creativo. Alí, explora novas influencias artísticas como o naíf e o art brut, e conecta coa tradición máxica e esotérica galega, que impregna todo o seu traballo.


